A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia, o GAL Terra das Mariñas e o Consorcio As Mariñas, coordinados por este último, están desenvolvendo a implantación da Axenda 21 Local no territorio do Consorcio As Mariñas, que abrangue os concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. |
O obxectivo deste proxecto é acadar o desenvolvemento sostible dende un punto de vista económico, social e ambiental dos nove concellos nos que se implanta. Para iso é necesario, posibilitar a integración de todas as accións susceptibles de ser promovidas ou apoiadas pola Administración Municipal e Autonómica. De forma simultánea, débense elaborar tódalas ferramentas de planificación da sostibilidade, que teñen como fin último o deseño dun Plan de Acción Local.
|